Ampliación do prazo de solicitude para participar en Actúa 2018-2019

Amplíase ata o 23 de outubro de 2018, inclusive, o prazo de solicitude para participar no programa Actúa 2018-2019, desenvolvido dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse de luns a venres desde novembro de 2018 ata o 30 de abril de 2019.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas e material. Convocatoria extraordinaria 2018

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2018 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Convocatoria Programa Lanzadeiras Lugo 2018-19

O programa Lanzadeiras Lugo desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa nos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 

Convocatoria Programa Lanzadeiras Coruña 2018-19

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa nos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 

Presentación do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago

O pasado día 5 de outubro o CIFP Politécnico de Santiago acolleu a presentación de FUTUREfacing, proxecto Erasmus+ que fomenta a innovación na aprendizaxe do alumnado de FP, abrindo así paso á chegada da industria 4.0 no sector moble galego.

Multimedia: 

Ampliación do prazo de solicitude para participar en Superlíderes 2018-2019

Amplíase ata o 11 de outubro de 2018, inclusive, o prazo de solicitude para participar no programa Superlíderes 2018-2019, desenvolvido dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Etiquetas: 

Xornada "Encontro en círculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro". 2ª edición

O luns 8 de outubro de 2018 celebrarase a segunda edición da xornada "Encontro en círculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro", co obxectivo de crear un punto de encontro entre a escola, a universidade, os profesionais presentes e futuros e a empresas.

A xornada está organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de proba para un contrato en prácticas

Convocatoria de proba para un contrato en prácticas na categoría laboral de Reporteiro gráfico en Corporación Radio e Televisión de Galicia, S. A.

As persoas aspirantes deberán enviar mediante correo electrónico ao enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un currículo segundo as instrucións do ficheiro xunto (accesible premendo en Máis información) indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

Participación da FP galega en EuroSkills Budapest 2018

Raúl Fernández Lorenzo e Miguel Paz Pena, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no GaliciaSkills 2016 e no SpainSkills 2017, nas especialidades de Torneado e fresado e Tecnoloxía do automóbil, respectivamente, participaron no Campionato Europeo de Formación Profesional EuroSkills 2018, en Budapest.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Participación da FP galega na 32ª Feira do moble de Galicia

Entre o 19 e o 23 de setembro celébrase a 32ª Feira do moble de Galicia no Recinto Feiral da Estrada en horario continuado de 11.00 a 20.00h. A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa cun stand informativo de formación profesional así como cunha mostra de proxectos de innovación desenvolvidos en centros educativos por profesorado e alumnado da familia profesional de Madeira, moble e cortiza.

Multimedia: 
Distribuir contido