Nos vindeiros días terá lugar a sexta edición do Día do emprendedor, que, a diferenza de anos anteriores, se celebrará tamén nas cidades de Lugo e de Ourense, e como vén sendo habitual, en Santiago de Compostela.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco do plan de empredemento no sistema educativo “eduemprende”, que ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor, participará con actividades específicas dirixidas ao profesorado e ao alumnado de 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.