Como en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará na XII edición de FranquiAtlántico para informar sobre o Plan de Empredemento no Sistema Educativo de Galicia “Eduemprende”.
Neste evento terá un especial protagonismo a área do Emprendedor, que mantén a filosofía de ofrecer un espazo aberto onde articular toda a rede emprendedora. Cómpre destacar que estaremos presentes para informarvos, no noso pavillón, de todas as novidades que se están desenvolvendo en materia de emprendemento.