Dous alumnos da FP galega compiten na Olimpíada Mundial da Formación Profesional, ‘World Skills 2011’ en Londres.
Nesta 43 edición do certame, Galicia estará representada por dous alumnos que obtiveron medalla de ouro nos campionatos nacionais Spainskills 2011, e catro profesores, dos que dous actuarán como titores e outros dous como xurado. O Estado español conta con participación en 32 das 46 skills ou especialidades nas que participan un total de 950 competidores, procedentes de 51 países.