O obxecto desta resolución é convocar o Programa de Mobilidades de FP Dual para o curso 2023/2024 e establecer as súas bases reguladoras.
Poderán solicitar a súa participación neste programa os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con alumnado matriculado, no curso 2023-2024, en ensinanzas de formación profesional impartidas na modalidade de formación profesional dual, tanto no réxime ordinario como no réxime de ensinanzas para as persoas adultas.