Admisión a grao básico de FP. Curso 2023/2024
Nesta páxina atopará a documentación e as listaxes do procedemento de admisión a grao básico de formación profesional para o curso 2023-2024.
Información e documentación
Listaxes do procedemento de admisión
Prazas liberadas
- Ciclos de formación profesional de grao básico con prazas dispoñibles. (Non dispoñible. Prazo rematado o 22/09/2023)
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 6 de setembro ás 9:00 horas ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas. Para matricularse nun ciclo de grao básico con prazas dispoñibles será necesario cumprir os requisitos establecidos no apartado 2.2 das instrucións xerais de grao básico para o curso 2023-2024:
- Cumprir 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo de grao básico teña prazas dispoñibles empregando o anexo I (ligar co pdf do anexo I). A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada unha vez rematada a listaxe de espera das persoas en idade de escolarización non obrigatoria. (figuran como ENO na listaxe de prazas adxudicadas).