Formación Profesional Dual. Listaxe provisional de solicitudes de FP dual. Benteler Automotive Vigo SL

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión ao proxecto experimental de formación profesional no centro 36011634-IES Politécnico de Vigo, en colaboración coa empresa Benteler Automotive Vigo, S.L., para que ata 20 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Mantemento Electromecánico (MIMA03) autorizado na ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

O prazo de reclamación á relación provisional de persoas solicitantes será o día 17 e o día 18 de setembro.

Etiquetas: