Nota informativa. Listaxe definitiva de solicitantes de ciclos formativos na convocatoria extraordinaria

Segundo a Resolución do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2012-2013, no apartado terceiro punto 4, indícase que a listaxe definitiva de solicitantes na convocatoria extraordinaria farase pública o día 19 de setembro nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa adiantará a publicación da listaxe indicada para o día 18 de setembro pola tarde.