Medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain en Barcelona.

Un alumno do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain en Barcelona.

Víctor Abalde Otero, alumno do primeiro curso do CM de soldadura no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo obtivo a medalla de prata na competición de soldadura da WorldSkills Spain. Este alumno competiu con alumnado de sete comunidades autónomas: Aragón, Cantabria, Castela-A Mancha,Valencia, Murcia, Cataluña e Galicia.

Esta competición foi patrocinada pola empresa Lincoln Electric e celebrouse nas súas instalacións de Barcelona o pasado 27 de abril.

María José González Macía, profesora de soldadura do referido centro, participou no xurado de expertos con outros das Comunidades Autónomas participantes.

- Ver galería de fotos

  

Etiquetas: