Cal é o valor ou importancia dunha unidade de competencia?

A unidade de competencia é o agregado mínimo susceptible de recoñecemento e acreditación parcial entre administracións.

O certificado que acredita estar en posesión dunha unidade de competencia será recoñecido polas distintas administracións que teñen competencia en formación profesional.

Así un certificado que acredita estar en posesión de certas unidades de competencia que fose emitido pola administración laboral, será recoñecido pola administración educativa que procederá, previa matrícula e solicitude por parte do interesado, ás validacións de módulos profesionais que procedan.

De igual modo, se é a administración educativa a que emite o certificado de estar en posesión de certas unidades de competencia, a administración laboral as recoñecerá, procedendo ás validacións de módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade. Se se acreditase estar en posesión de todas as unidades de competencia dun certificado de profesionalidade, a administración laboral emitirá, previa solicitude do interesado, o oportuno certificado de profesionalidade.

Tema: