Guía básica de FP dual

Xa está dispoñible a Guía básica de FP dual, unha ferramenta de axuda dirixida principalmente a centros educativos que desenvolven ou queren desenvolver proxectos de FP dual; a empresas, organizacións, institucións ou asociacións que acollen ou están interesadas en acoller alumnado destas ensinanzas; así como a alumnado matriculado nesta modalidade ou interesado na mesma.

O documento detalla as etapas necesarias para a formalización dun novo grupo de FP dual, nos seus distintos réximes, desde o punto de vista dun centro educativo e da empresa. Especifícanse, ademais, as condicións, requisitos e obrigas dos distintos axentes participantes.

A guía está estruturada en tres bloques. O primeiro deles presenta unha visión xeral da FP dual, as principais características da modalidade, a lexislación que a regula e as posibilidades de vinculación entre o alumnado e as empresas ou institucións. No segundo bloque explícanse de forma detallada os pasos a seguir polo centro educativo para a posta en marcha, seguimento e xestión dun grupo dual polo réxime de persoas adultas e polo réxime ordinario. O último bloque ofrece información sobre as distintas etapas que as empresas, organizacións ou institucións deberán realizar para acoller alumnado destas ensinanzas.

Etiquetas: