Folletos Web Ciclo
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0651 | Comunicación e atención á clientela | 160 |
1º | MP0658 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | 240 |
1º | MP0650 | Proceso integral da actividade comercial | 133 |
1º | MP0648 | Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 80 |
1º | MP0647 | Xestión da documentación xurídica e empresarial | 80 |
2º | MP0654 | Contabilidade e fiscalidade | 157 |
2º | MP0660 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0657 | Proxecto de administración e finanzas | 26 |
2º | MP0656 | Simulación empresarial | 140 |
2º | MP0652 | Xestión de recursos humanos | 105 |
2º | MP0653 | Xestión financeira | 123 |
2º | MP0655 | Xestión loxística e comercial | 105 |
Título de Técnico superior en Administración e finanzas
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.