Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta
Pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas
Operador/a de máquinas para traballar metais
Operador/a de máquinas ferramenta
Operador/a de robots industriais
Traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas
Mecánicos/as e axustadores/as
Modelistas matriceiros/as e asimilados
Torneiro/a
Fresador/a e mandrinador/a
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0004 Fabricación por arranque de labra LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP0007 Interpretación gráfica
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0001 Procesos de mecanizado
MP0005 Sistemas automatizados
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0009 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0003 Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais
MP0010 Formación en centros de traballo
MP0002 Mecanizado por control numérico
MP0006 Metroloxía e ensaios
Que título se obtén?

Título de Técnico en Mecanizado

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial