Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar actividades básicas de navegación e pesca, e de servizo na sala máquinas de buques de pesca, operando coa calidade indicada, observando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

A bordo de buques de pesca e auxiliares de acuicultura.

Que ocupacións se desempeñan?
Mariñeiro/a de máquinas
Mariñeiro/a de ponte
Mariñeiro/a de pesca
Mariscador/ora a flote
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3140 Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca
MP3142 Mantemento de motores en barcos de pesca
MP3143 Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca
MP3138 Actividades en cubertas de barcos de pesca LOE
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3144 Formación en centros de traballo
MP3141 Pesca con artes de enmalle e marisqueo
MP3139 Pesca con palangre, arrastre e cerco
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Actividades marítimo-pesqueiras

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial