Espazo coworking "A/Em prender en verde" en Padrón

O espazo coworking "A/Em prender en Verde" está concibido como un programa de desenvolvemento do talento para aqueles emprendedores e profesionais do ámbito da economía e cultura verde, que buscan unha formación completa e especializada que abarca desde a creación do talento ata a profesionalización do emprendemento verde. Desenvolveranse obradoiros, sesións de mentorización e outras actividades para potenciar o networking e compartir boas prácticas.

A convocatoria está aberta para emprendedores cun proxecto empresarial en fase inicial de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

Este espazo coworking é froito da colaboración entre a Escola de Organización Industrial e a Fundación Paideia Galiza, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a EOI e a Fundación Paideia Galiza.

Estímase que poderán participar ata 22 emprendedores. A convocatoria permanecerá aberta ata cubrir prazas.

Etiquetas: