Dna. Marta Vázquez Guzmán
Directora do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
Directora do Centro Galego dá Innovación dá Formación Profesional. Centro Eduardo Barreiros.
Marta é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Acadou o Diploma de Estudos Avanzados outorgado pola Facultade de Dereito e tamén pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. Obtivo tamén o Diploma de Directivo da Xunta de Galicia. É Especialista Universitaria en Relacións Laborais, en Formación Ocupacional e en Resolución de Conflitos en Centros Escolares.
Posúe o título de Técnica Superior en Prevención de riscos Laborais e é Auditora en Prevención de Riscos Laborais.
Traballou como profesora de ensino secundario na especialidade de “Formación e Orientación Laboral” e ten a cátedra de ensino secundario desta especialidade. Foi directora, durante un período de dous anos, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) e tamén vicedirectora no mesmo centro.