Dna. Mª Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional de Galicia
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicoloxía Aplicada.
Comezou a súa actividade profesional en 1987 na Empresa Financeira Madeireira, S.A., e a partir de 1993 ingresou no corpo superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia, estando a súa traxectoria profesional moi ligada ao desenvolvemento de competencias en diferentes departamentos da Administración Autonómica. No ano 1993 foi xefa do servizo de Policía Local e Coordinación de Seguridade Viaria na Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería e Presidencia e Administración Pública. En 1994 foi xefa do servizo de Contratación e Equipamento da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No ano 2001 foi nomeada subdirectora xeral de Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No ano 2008, subdirectora xeral de Administración e Persoal do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo e Benestar. No ano 2009, subdirectora xeral de Orientación Profesional e Relacións coas Empresas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Foi nomeada tamén, no 2012, subdirectora xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e secretaria do Consello Galego de Formación Profesional. No ano 2020 ocupou o cargo de subdirectora xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.