Dna. Natalia Barreiro Mata
Directora Complexo Industrial Repsol A Coruña
De orixe galega, nacida en Buenos Aires en 1973, Enxeñeira en Automática e Electrónica industrial pola Universidade Politécnica de Cartaxena e Master en Refino, Petroquímica e Gas polo Instituto Superior da Enerxía. Conta cun master en Prevención de Riscos Laborais e cun plan de desenvolvemento directivo polo IE.
Iniciou a súa carreira profesional en 1997, na área de Mantemento da factoría de Cartaxena de General Electric Plastics. En 1999 incorpórase a Repsol, iniciando a súa carreira técnica na Refinería de Cartaxena nas áreas de Procesos e Operacións.
No ano 2006 participou desde a sede central da compañía como enxeñeira da propiedade no proxecto de ampliación da refinería de Cartaxena, un dos proxectos máis importantes da historia industrial española. Posteriormente, dous anos despois, volve a Cartaxena e incorpórase a postos de xestión na refinería, onde ocupa as posicións de Xefa de Seguridade e Xefa do departamento operativo de Hidrotratamento.
No ano 2013 é nomeada membro do equipo directivo do Complexo Industrial de Cartaxena como Directora de Enxeñería e Desenvolvemento.
En 2015 trasladouse á Coruña como Directora de Produción do Complexo Industrial de Repsol, posición que ocupou ata setembro de 2020 en que pasa a ocupar a Dirección da Refinería Coruñesa.