MELE51

 

MELE51 - Instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT)

Curso de especialización
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 360
Código: MELE51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Instalación, posta en servizo e mantemento de dispositivos e sistemas conectados a internet, IoT, asegurando a súa funcionalidade e conectividade, aplicando a normativa e a regulamentación, e os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital, riscos laborais e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, públicas e privadas, dedicadas á instalación, á configuración, á posta en servizo e ao mantemento de todo tipo de dispositivos, desde sensores e actuadores a obxectos comúns e sistemas conectados.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en redes. Instalador/a de equipamentos e sistemas electrónicos. Instalador/a e reparador/a de sistemas e dispositivos conectados. Instalador/a e reparador/a en tecnoloxías da información e da comunicación. Instalador/a e reparador/a de dispositivos IoT. Mantedor/a de sistemas conectados. Técnico/a en IoT.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5081 Instalación de dispositivos e sistemas conectados, IoT 198
MP5082 Mantemento de dispositivos e sistemas conectados, IoT 162

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).