D3AGA000100
D3AGA000100 - LOOIFP | Xestión forestal e do medio natural
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestaiscomo traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.
Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de empresas de repoboacións forestais, de corrección hidrolóxico-forestal e de inventario forestal, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de aproveitamentos forestais e de turismo cinexético-piscícola; coordinador/ora de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, de vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador/ora por conta propia en reforestación, tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidadesforestais; práctico/a de topografía, capataz forestal, encargado/a de propagación deplantas en viveiro, de recolección de sementes e froitos en altura, de actividades de asistencia técnica para planificar e realizar o seguimento e adecuación dos hábitat acuícola continental e das especies cinexéticas, de repoboacións cinexéticas, piscícolas eastacícolas, de parque natural, reserva de caza, coto, etc, da administración de universidades e centros de investigación, traballador/ora en control legal de depredadores,xestor/ora cinexético/a, axente forestal, garda de espazos naturais, educador/oraambiental, monitor/ora da natureza.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0690 | Botánica agronómica | |||
1º | MP0692 | Fitopatoloxía | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0694 | Maquinaria e instalacións agroforestais | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0790 | Técnicas de educación ambiental | |||
1º | MP0693 | Topografía agraria | |||
1º | MP0810 | Xestión dos aproveitamentos do medio forestal | |||
1º | MP0811 | Xestión e organización do viveiro forestal |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Arzúa | 15027733 | IES de Arzúa | 881866047 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Becerreá | 27000617 | CFEA de Becerreá | 982828367 |
Castro de Rei | 27015891 | IES da Terra Chá, José Trapero Pardo | 982870144 |
Mondoñedo | 27006966 | IES Plurilingüe San Rosendo | 982870539 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Xinzo de Limia | 32014801 | IES Cidade de Antioquía | 988788534 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ponteareas | 36007552 | CIFP A Granxa | 886120880 |
Pontevedra | 36020192 | CFEA de Lourizán | 986805088 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).