MMAP02
MMAP02 - Operacións subacuáticas e hiperbáricas
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar traballos subacuáticos e hiperbáricos, respirando aire e nitrox, ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade vixentes, e manter en condicións de utilización os equipamentos, as ferramentas e/ou o material auxiliar, coa calidade e a eficiencia requiridas, aplicando as técnicas de inmersión asociadas a este título e patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, consonte a normativa ambiental e cumprindo as normas de seguridade.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas ou privadas dedicadas ao mergullo profesional e a calquera tipo de traballos en ambientes subacuáticos e hiperbáricos marítimos e subterráneos, patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, e naquelas outras que dispoñan entre os seus servizos da recompresión terapéutica ou probas de estanquidade de equipamentos baixo presión.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de equipo de mergullo profesional e mergullador profesional de apoio en inmersións a intervención ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox; operador especialista en cámaras, instalacións e plantas hiperbáricas e no mantemento de equipamentos hiperbáricos en empresas homologadas; mergullador profesional especialista en corte e soldadura subacuática, en inmersións desde campá húmida, en construción e obra hidráulica e en reparacións en flotación e reflotamentos; operador auxiliar nos traballos hiperbáricos ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox en ambientes confinados subterráneos en hábitats secos ou con fluídos distintos á auga para a realización de perforacións con tuneladoras ou outros equipamentos de perforación; patrón dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxeiros, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación; mariñeiro especialista de cuberta; mariñeiro especialista de máquinas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0763 | Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias | 107 | 4 | |
1º | MP0766 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0759 | Instalacións e equipamentos hiperbáricos | 240 | 9 | |
1º | MP0758 | Intervención hiperbárica con aire e nitrox | 346 | 13 | |
1º | MP0765 | Manobra e propulsión | 160 | 6 | |
2º | MP0762 | Construción e obra hidráulica | 140 | 8 | |
2º | MP0761 | Corte e soldadura | 122 | 7 | |
2º | MP0767 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0768 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1248 | Inmersión desde campá húmida | 70 | 4 | |
2º | MP0764 | Navegación | 105 | 6 | |
2º | MP0760 | Reparacións e reflotamentos | 140 | 8 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).