MINA03
MINA03 - Elaboración de produtos alimentarios
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción.
Que ocupacións se desempeñan?
Elaborador/ora de produtos alimentarios; operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios; operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe; recepcionista e almaceneiro/a; subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción; dosificador/ora; supervisor/ora de liña.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0147 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0141 | Materias primas na industria alimentaria | 267 | 10 | |
1º | MP0142 | Operacións de acondicionamento de materias primas | 213 | 8 | |
1º | MP0030 | Operacións e control de almacén na industria alimentaria | 80 | 3 | |
1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 | 2 | |
1º | MP0143 | Tratamentos de transformación e conservación | 240 | 9 | |
2º | MP0148 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0149 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | 6 | |
2º | MP0144 | Procesamento de produtos alimentarios | 175 | 10 | |
2º | MP0145 | Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria | 227 | 13 | |
2º | MP0146 | Venda e comercialización de produtos alimentarios | 70 | 4 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Ribeira | 15014556 | CIFP Coroso | 881866874 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).