Admisión a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria 2015

Información xeral para todos os réximes


Con carácter xeral, a totalidade das prazas ofrecidas nun centro e ciclo distribúese por cupos de acceso cunha reserva específica de prazas. Hai tres cupos diferentes de acceso:

Cupo de acceso directo, para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes.

Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguinte.

Cupo de acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos anteriores.

 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

 

Acceso directo

Acceso por PCPI

Acceso mediante proba

Ata o 70%

2/3 do 30% restante

1/3 do 30% restante

10% para persoas discapacitadas

5% a maiores para deportistas de alto rendemento

 

En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)

O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

 

Réxime ordinario

Neste réxime, cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección. Estes criterios ordenan os candidatos por maior nota de acceso:

Cupo de acceso directo: notas de 4º de ESO, nota media do ciclo medio.

Cupo de acceso por PCPI: nota dos módulos obrigatorios do 1º cuatrimestre de 2º de PCPI.

Cupo de acceso por probas: nota da proba de acceso a grao medio.

 

Réxime para as persoas adultas

Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que non cumpran os requisitos de acceso poden matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo que desexa cursar. Estas persoas concorreran polo cupo de acceso directo.

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.

 

Solicitude vía web

A solicitude vía web poderase realizar para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

- Instrucións sobre como realizar a solicitude web

- A solicitude web realizarase na ligazón: www.edu.xunta.es/ciclosadmision

 

Documentación e listaxes do procedemento de admisión

Periodo especial de admisión para o Ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).