Actividades de formación para profesorado de formación profesional. Setembro de 2020

Publicada a relación de actividades de formación para o profesorado de formación profesional para a 1ª quincena de setembro de 2020. Proximamente se publicarán o resto de actividades do 1º trimestre 2020 destinadas ao profesorado de formación profesional.

A planificación destas actividades ven condicionada pola situación creada pola pandemia do COVID-19. A maioría das actividades realizaranse utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, videoconferencia, aulas virtuais, foros, etc. Outras combinarán estes sistemas de comunicación, con sesións presenciais, que se adaptarán ás medidas sanitarias actual: número persoas acorde ás dimensións dos locais, varias quendas, uso de máscaras, limpeza de equipamentos e locais, etc.

A relación de actividades é a seguinte:

Actividade Datas Código
Aplicacións de Arduino e Raspberry pi en domótica 1ª quincena de setembro O2001004
Circuítos básicos en hidráulica e pneumática 1ª quincena de setembro P2001004
Dermofarmacia na oficiña de farmacia 1ª quincena de setembro V2001011
Desenvolvemento de aplicacións con Angular 1ª quincena de setembro V2001009
Deseño e administración de redes con MIKROTIK: MTCNA 1ª quincena de setembro S2001003
Deseño publicitario con Inkscape 1ª quincena de setembro V2001007
Hidrocinesia e fitness acuático 1ª quincena de setembro V2001006
Iniciación ao mecanizado en fresadora universal 1ª quincena de setembro F2001005
Iniciación ao mecanizado en torno paralelo 1ª quincena de setembro V2001008
Instalacións artísticas como ferramenta pedagóxica 1ª quincena de setembro O2002002
Manipulación de novos refrixerantes en instalacións frigoríficas e de climatización 1ª quincena de setembro V2001010
Moodle avanzado 1ª quincena de setembro L2001004
Posta en marcha de equipos e circuitos hidráulicos 1ª quincena de setembro F2001006
Preparación de esqueletos para tapizar 1ª quincena de setembro P2001005
Promoción en buscadores e redes sociais dunha tenda de comercio electrónico 1ª quincena de setembro O2001003
Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos 1ª quincena de setembro C2001003
Técnicas de iniciación ao desabolado de chapa 1ª quincena de setembro P2001006
Vehículo eléctrico 1ª quincena de setembro C2001004
Xestión cinexética 1ª quincena de setembro V2001012
Alfabetización visual na era dixital  2ª quincena de setembro C2001005
Corte do cabelo. Estilismo e técnicas avanzadas 2ª quincena de setembro V2001015
CYPECAD MEP. CYPELEC REBT. Electricidade. Iluminación. Telecomunicacións 2ª quincena de setembro L2001005
Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles con IONIC 2ª quincena de setembro O2001006
Deseño de moda sobre manequín. Moulage 2ª quincena de setembro C2001006
Deseño de xardíns en 3D con aplicacións informáticas 2ª quincena de setembro V2001013
Elaboración e deseño de cosméticos naturais 2ª quincena de setembro V2001014
Iniciación a Woodwork for Inventor 2ª quincena de setembro V2001016
O vendedor 24 horas. O escaparate 2ª quincena de setembro S2001004
Protección radiolóxica 2ª quincena de setembro C2002002
Reparación de dispositivos móbiles 2ª quincena de setembro P2001007
Sistema antipolución diesel Nox Ad Blue 2ª quincena de setembro O2001005
Técnicas actuais de decoración de unllas 2ª quincena de setembro P2001008
Uso e aplicación do infravermello con ATR 2ª quincena de setembro S2001005
Vehículo híbrido 2ª quincena de setembro V2001017
Vehículo híbrido enchufable 2ª quincena de setembro P2002002
Xornadas do profesorado de comercio e márketing 2ª quincena de setembro F2002001

Para máis información ou realizar a inscrición nestas actividades: www.edu.xunta.es/fprofe.

Nota: Aínda que na aplicación fprofe a actividade estea clasificada como presencial, realizarase utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, e nalgún caso, con algunha sesión presencial. Nestas sesións presenciais, adoptaranse as medidas sanitarias que require a situación actual derivada da pandemia do COVID-19.