
Con esta actividade a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química quere crear un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poidan dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega.
Isto vaise plasmar nunha sesión aberta de comunicacións orais nas que esta mocidade investigadora presenta, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.
A xuntanza celebrarase na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela os días 25 e 26 de xaneiro de 2023.
Máis información [1]