
Organizado polo Instituto da Lingua Galega, e coa colaboración do Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, este simposio foi concibido como unha volta ao labor filolóxico primordial, o da ecdótica e a edición de textos, mais cunha ollada renovada, sustentada nas novas tecnoloxías promovidas polas Humanidades Dixitais, interdisciplinar e colaborativa.
Celebrarase entre o 28 de novembro e o 2 de decembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.
As persoas que desexen asistir poderán formalizar a inscrición cubrindo o seguinte formulario [1]. O prazo remata o día 28 de novembro ás 12 h.
Máis información [2]