As conclusións da conferencia Río+20, en palabras do secretario xeral de Nacións Unidas Ban Ki-moon, “ofrecen unha sólida base para o benestar social, económico e medioambiental”. A función esencial da educación, en particular da Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS), quedou destacada nos termos seguintes:
“Estamos de acuerdo en promover la educación para el desarrollo sostenible e integrar el desarrollo sostenible más activamente en la educación, más
allá del final del Decenio de las Naciones Unidas de la Educación para el
Desarrollo Sostenible”.
Esta e outras referencias á educación reflicten as prioridades da UNESCO, cunha clara exhortación a continuar a EDS despois de 2014, data en que oncluirá o Decenio das Nacións Unidas. Aínda que moitos opinan que as conclusións non tiveron o alcance agardado, a educación mencionouse con recuencia como un ámbito importante do desenvolvemento sostible.
O liderado da UNESCO en educación en xeral e na EDS en particular foi amplamente recoñecido polos interesados, como Jeffrey Sachs, director do Instituto da Terra da Universidade de Columbia, durante o evento paralelo que a UNESCO celebrou no marco da conferencia, co título de “Educar para un futuro sostible”. Neste exitoso e concorrido acto, púxose de manifesto un interese considerable polo
último informe da UNESCO sobre o Decenio das Nacións Unidas da EDS.
Ademais, a mensaxe da organización transmitiuse tamén con bos resultados no evento paralelo sobre a Iniciativa de Educación Superior para o Desenvolvemento Sostible, en que a UNESCO
se asociou co Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas, a Secretaría do Pacto Mundial das Nacións Unidas, a Universidade das Nacións Unidas, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e outras entidades. Unha parte considerable dos fondos comprometidos para a promoción do desenvolvemento sostible (da orde de 513.000 millóns de dólares ou 410.000 millóns de euros), procedeu desta iniciativa.
A educación sobresaíu con forza desde o principio. Nos Diálogos sobre desenvolvemento sostible, que se celebraron como actividade previa á conferencia, tres das dez actividades que os participantes escolleron como prioritarias –entre un total de 100- tiñan que ver coa educación. O labor que a UNESCO leva a cabo en materia de EDS tamén se mostrou nun acto paralelo coordinado pola UNICEF, que tratou das iniciativas conxuntas con múltiples asociados.
A UNESCO seguirá velando por que a EDS se teña en conta cando se redacten os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible que se iniciaron en Río, así como nos debates xerais sobre as metas internacionais en materia de desenvolvemento para o período posterior a 2015.
Fonte: UNESCO