La evaluación formativa

Estrategias eficaces para regular el aprendizaje

Autor: Morales, Mariana y Fernández, Juan
Editorial: SM, Biblioteca innovación educativa, Madrid, 2022

Autora da recensión: Marta Dopico Vázquez
organizacionediversidade@edu.xunta.gal
Centro de Formación e Recursos da Coruña

 

 

Mariana Morales foi profesora de ESO e bacharelato durante 15 anos. Actualmente é consultora educativa especializada en avaliación formativa. Acompaña a centros na súa formación e colabora con diversas institucións públicas e privadas.

Juan Fernández é biólogo e docente, e está realizando o seu doutoramento en Psicoloxía Educativa. É autor do libro Educar en la complejidad e creador da web www.investigaciondocente.com.

Actualmente, estamos a pór en marcha unha nova lei educativa que insiste na necesidade de levar adiante unha avaliación formativa e auténtica, que mellore o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado e da propia práctica docente.

Podería ser, entón, un momento adecuado para repensar no proceso de avaliación e este libro pode resultar un interesante apoio para facelo.

A obra invita a reflexionar sobre o sentido e a función da avaliación e a respondérmonos preguntas sobre as nosas prácticas en avaliación, cales son os piares teóricos que estamos a manexar, como son as evidencias que recollemos...

Nos dous primeiros bloques do libro, os autores inciden con profundidade nos principios e fundamentos da avaliación formativa. Neles, expoñen suxestións de como deseñar un cambio, no ámbito do centro, no proceso da avaliación.

O terceiro bloque da obra está centrado en levar á práctica as ideas presentadas nos capítulos anteriores.  Resulta de grande interese o amplo repertorio de instrumentos e procedementos de avaliación que achega.

Resulta unha obra sinxela e práctica que pode axudar o profesorado a planificar unha avaliación formativa na que o alumnado participe e que permita, realmente, o seu crecemento persoal, así como aprender máis e mellor.

 

 

Sección: