Abrazar a diversidade
A Subdirección Xeral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación da Dirección Xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) convoca un seminario de formación de balde sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseado na guía “Abrazar la diversidad: propuestas para una educación libre de acoso homofóbico y transfóbico”.
O seminario ten unha duración de 12 horas e está dirixido a docentes, membros de equipos directivos e de orientación, asesores/as de centros de formación do profesorado e outras administracións educativas e responsables da administración educativa de todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla. Estas xornadas formativas están certificadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e financiadas polo Fondo Social Europeo.
Os vindeiros lugares de celebración son:
Madrid: venres 25 e sábado 26 de outubro.
Palma de Mallorca: venres 15 e sábado 16 de novembro.
Logroño: venres 22 e sábado 23 de novembro.
Todos os seminarios celébranse no seguinte horario: venres de 16:00h a 20:30h e sábado de 10:00h a 19:00h.