Premio “Luís Porteiro Garea”

2ª edición

A Universidade de Santiago de Compostela convoca o II Premio “Luís Porteiro Garea” co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea quen, o día 16 de setembro de 1915, pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego da que se ten constancia.

O premio distinguirá persoas, entidades ou colectivos da USC (alumnado, persoal de administración e servizos ou persoal docente e investigador) por algunha ou varias das seguintes razóns:

- o emprego habitual da lingua galega nas actividades universitarias cotiás, especialmente cando este uso se produce de xeito pioneiro.

- a achega á promoción do idioma ou á galeguización de ámbitos ou actividades da USC.

- o estudo e a difusión da lingua galega.

- calquera outra intervención no proceso de normalización lingüística na Universidade compostelá que sexa valorada como significativa.

A convocatoria, a constitución do xurado, a elección das entidades ou persoas premiadas e as características desta distinción recóllense nas seguintes BASES.

O prazo para presentar propostas finaliza o 15 de novembro de 2018.

 

Máis información

Palabras clave: