Curso de verán da USC: Química: a Ciencia que Envolve a nosa Vida

A Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizan, dentro do marco dos cursos de verán 2012, o curso Química: A Ciencia que Envolve a nosa Vida.
Data: 
Desde luns, 16 de Xullo de 2012 ata venres, 20 de Xullo de 2012
Lugar: 
USC
Química: a ciencia que envolve a nosa vida

A Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizan, dentro do marco dos cursos de verán 2012, o curso Química: A Ciencia que Envolve a nosa Vida.

O obxectivo é dar a coñecer que é a química no século XXI e como se relaciona con outras ciencias, ofrecendo exemplos que demostran que a maioría das actividades que forman parte da nosa vida diaria teñen un alto compoñente de química.

Trátase dun curso teórico de 30 horas de duración, que inclúe sesións de conferencias, mesas redondas, obradoiros interactivos e visitas a industrias e institucións relacionadas coas temáticas tratadas. Esta actividade está recoñecida con dous créditos de libre configuración para o alumnado da USC e como actividade de formación do profesorado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Destinatarios: alumnado de licenciaturas, graos e de terceiro ciclo; profesorado da ESO, de bacharelato e de formación profesional
  • Datas de celebración: 16-20 de xullo de 2012
  • Prazo de matrícula: 
  • En liña por internet, a partir do 15 de maio de 2012 
  • Presencial, a partir do 20 de xuño de 2012 
  • Fin do prazo de matrícula: 6 de xullo de 2012

Acceso á web do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela

Palabras clave: