XXV Encontros para a normalización lingüística
Economía, lingua e sustentabilidade
Data:
martes, 17 de outubro de 2023
Lugar:
Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega organiza, o vindeiro 17 de outubro na súa sede, a 25ª edición dos Encontros para a Normalización Lingüística que, nesta ocasión, poñen o foco no ámbito socioeconómico.
As intervencións artéllanse arredor da análise da situación, da difusión de coñecemento, da reflexión sobre os datos e os feitos, e da formulación de propostas que contribúan a achegar o uso da lingua galega á normalidade desexada.
A inscrición é gratuíta e o número de prazas limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.