Encontros PLAMBE

Curso 2019/20
Data: 
Desde xoves, 12 de marzo de 2020 ata venres, 13 de marzo de 2020
Lugar: 
Santiago de Compostela

Os vindeiros 12 e 13 de marzo celébranse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, PLAMBE, correspondentes ao curso 2019/20, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual.

Ademais, presentaranse un total de 23 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, voluntariado, biblioteca inclusiva, bibloteca creativa, Radio na biblio, traballo por proxectos, bibliotecas LÍA.2 e outros).

Nesta edición, na que se conmemoran os 15 anos de vida do PLAMBE, plasmarase a evolución das bibliotecas escolares galegas ata converterse nos motores de cambio dos centros educativos.