Educación activa e neuroeducación
A Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade Isabel I organiza esta xornada formativa co dobre obxectivo de achegar os recentes achados científico-culturais relacionados co ámbito da educación a estudantes e profesionais do ensino. Analizarase como a neuroeducación, o currículo e a lexislación educativa apoian os principios dunha «educación activa».
A xornada celebrarase o día 29 de febreiro (en horario 9:30h ata as 14:30h) ben acudindo presencialmente á sede da Universidade Isabel I sita en Burgos, ben en streaming a través da canle de Youtube da institución académica.
Para poder participar é necesario realizar a formalización da inscrición antes do 27 de febreiro 2020, de xeito presencial ou ben online a través dunha ligazón que será enviada ao correo electrónico aos rexistrados nesta modalidade de asistencia.
A inscrición é gratuíta.