Voz Natura

Desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais
Data: 
Desde luns, 3 de decembro de 2018 ata martes, 11 de decembro de 2018
Lugar: 
A Coruña

Voz Natura impartirá os días 3, 4, 10 e 11 de decembro na Coruña, o curso para profesorado denominado “Desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais” co obxectivo de aprender a deseñar, xestionar e divulgar un proxecto ambiental, elaborar unha memoria e dar a coñecer os proxectos e o seu potencial didáctico e transversal.

Vai dirixido a todo o profesorado dos centros de Galicia que está a participar actualmente no programa de educación medioambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O seminario terá unha duración total de dez horas impartidas en horario de seis a oito e media da tarde nas instalacións da Rede de Aulas CeMIT na Coruña. (Centro Cívico de Eirís. Rúa Terranova de Eirís, 7. 15009-A Coruña).

Para inscribirse nesta actividade deberase enviar un correo electrónico a voznatura@lavoz.es e facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, centro educativo, DNI, dirección de e-mail e un teléfono de contacto.

O prazo de recepción de solicitudes remata o 28 de novembro de 2018.

Este curso, totalmente gratuíto, é homologable pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Máis información en:

www.voznatura.es