ME&DM International Symposium

Simposio Internacional de Educación Musical e materiais didácticos
Data: 
Desde xoves, 24 de xaneiro de 2019 ata venres, 25 de xaneiro de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

ME&DM International Symposium ten como obxectivo establecer sinerxías e contribuír a enriquecer o traballo de diferentes investigacións e experiencias, no ensino de réxime xeral e especial nos diversos ámbitos do ensino musical.
A proposta de levar a cabo este Simposio xorde da inquietude por parte dun grupo de música de IARTEM (International Association for Research on Textbooks and Educational Media) e o Grupo de Investigación STELLAE (Universidade de Santiago de Compostela) coa finalidade de visibilizar o traballo efectuado en investigación educativa.

O simposio ofrece un espazo común para o debate a todas as investigadoras e investigadores que abordan a temática, por iso, cóntase coa colaboración da SEM-EE (Sociedad para la Educación Musical del Estado Español).

O evento celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) de Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xaneiro de 2019.

Programa

Toda a información