II Congreso Internacional de Innovación Educativa
O Departamento de Educación, Cultura e Deporte do Gobierno de Aragón convoca o II Congreso Internacional de Innovación Educativa que terá lugar na cidade de Zaragoza os días 21 e 22 de setembro de 2018 e que se centrará na transformación de espazos, a xestión das emocións e a innovación educativa para construír ambientes de aprendizaxe innovadores nos que o alumnado aprenda, creza, se inspire e se emocione.
A través de relatorios, espazos de acción, experiencias e comunicacións, este foro pretende acadar os seguintes obxectivos:
- Proporcionar un foro de encontro para difundir experiencias innovadoras que están a transformar a educación.
- Coñecer as tendencias educativas da man de persoas expertas de recoñecido prestixio.
- Aprender as últimas novidades en transformación de espazos, emocións e innovación.
- Identificar recursos para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe.
- Compartir experiencias innovadoras de diferentes centros educativos.