Congreso Escolar RE-ACCIÓN

Ciencia, Investigación e Divulgación sobre Residuos
Data: 
Desde luns, 22 de abril de 2013 ata martes, 23 de abril de 2013
Lugar: 
CEIDA Oleiros (A Coruña)

O CEIDA organiza o Congreso Escolar RE-ACCIÓN, Ciencia, Investigación e Divulgación sobre residuos, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía y Competitividad, e dirixido aos estudantes de último ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de toda Galicia.

OBXECTIVOS

  • Fomentar as vocacións científicas en mozos e mozas a través do contacto directo con investigadores e o coñecemento in-situ dos proxectos de investigación sobre residuos urbanos que se están desenvolvendo na Universidade da Coruña.
  • Inculcar nos mozos e mozas a importancia e a transcendencia do desenvolvemento I+D+I para a resolución dos desafíos que os residuos formulan na nosa sociedade a nivel ambiental, social e económico.
  • Impulsar o desenvolvemento de proxectos na comunidade educativa sobre residuos urbanos dende unha metodoloxía investigadora e innovadora que fagan atractivas as saídas profesionais para os estudantes neste campo e os acheguen á praxis científica.
  • Innovar na divulgación científica a través da creación de produtos dixitais sobre os residuos que teñan a súa orixe nos proxectos de experimentación científica desenvoltos polos centros educativos.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN
23 de novembro de 2012

 

Acceso á web do Congreso Escolar RE-ACCIÓN

 

Bases do Congreso Escolar RE-ACCIÓN