Neurociencia, neuromitos e educación

Mellorar as competencias clave e a convivencia a partir de evidencias científicas.

Ana María Pérez Veiga
CPI de Castroverde (Lugo)
apveiga@edu.xunta.es


Na comunidade de aprendizaxe do CPI de Castroverde aplicamos actuacións educativas baseadas en evidencias científicas para mellorar os resultados e a convivencia escolar.
Actualmente, en todo o mundo está xurdindo unha nova cultura baseada en como funciona o cerebro usando o método científico, o pensamento crítico e os coñecementos sobre a evolución humana.
     

Algúns descubrimentos en neurociencia de utilidade na práctica educativa

  • A aprendizaxe é altamente dependente dos estados motivacionais e emocionais do individuo, incluíndo o nivel de atención.
  • Cada capacidade intelectual require a activación e coordinación de moitas áreas diferentes do cerebro. Carece de base científica real supoñer que o cerebro ten capacidades independentes sen ningún tipo de relación entre elas.
  • Algunhas substancias que poden inducir cambios no cerebro durante a aprendizaxe pódense tomar do exterior, como certos alimentos, pero outras substancias prodúcense de forma endóxena, como a adrenalina ou os glicocorticoides durante unha situación de estrés.
  • A mellora cognitiva pódese lograr a través de medios non farmacolóxicos, como a nutrición, o exercicio físico e os períodos de sono adecuados.
  • Un elevado consumo de cafeína nos nenos e nenas pode causar varios problemas.
  • A glicosa é esencial para a función do cerebro e debe ser proporcionada na dieta diaria. A falta de suficiente comida (por exemplo, por non almorzar) pode incidir negativamente nas capacidades de aprendizaxe e memoria.
  • Todos os cerebros humanos son similares en estrutura e as diferenzas mínimas que se encontran de vez en cando non son sempre explicadas polas capacidades intelectuais que se observan.
  • Os estudos experimentais demostraron que os nenos e nenas son máis propensos a aprender dunha persoa (mestre ou compañeiro) que dun aparato inanimado. Aprender dun adulto ou doutro alumno é máis eficaz (tanto se se usan materiais tradicionais ou dixitais) que facelo dun ordenador.


Plasticidade das neuronas durante toda a nosa vida


O sistema límbico e a importancia das emocións no proceso educativo


O problema da atención


Neuromitos


Formación sobre neurociencia e actuacións educativas no CPI de Castroverde


Conclusións

 

 

Bibliografía: 

 

 

Aubert, A.; Flecha, A.; García, C.; Flecha, R.; Racionero, S. (2008): Aprendizaje dialógico en la sociedad de la información. Barcelona: Hipatia.

Dekker, Sanne, Nikki C. Lee, Paul Howard-Jones e Jelle Jolles Front. Psychol., 'Neuromyths in education: Prevalence and predictors of misconceptions among teachers', en Frontiers in Psychology. Education in Psychology. 18 October 2012, (última consulta, 12 de abril de 2015).

Delgado-García, J. M. (2008): Lenguajes del cerebro. Sevilla: Letra Áurea.

Gruart, A. (2014): “The role of Neurosciences in Education…and vice versa”. International Journal of Educational Psychology

Howard-Jones, P. (2011): Investigación neuroeducativa. Neurociencia, educación y cerebro: de los contextos a la práctica. Madrid: La Muralla.

Pérez-Álvarez, A.; Navarrete1, M.; Covelo, A.; Martin, E.; Araque, A. (2014): “Structural and Functional Plasticity of Astrocyte Processes and Dendritic Spine Interactions”. The Journal of Neurosciencie.

Sección: