¡Escúchalos!

Por una crianza con empatía

Autor: López, Miguel. El Hematocrítico
Editorial: Editorial Paidós, Barcelona, 2022

Autor da recensión: Javier Pintor Elizalde
jjpinel@edu.xunta.es
Centro de Formación e Recursos da Coruña

 

 

Miguel López, máis coñecido como El Hematocrítico, exerceu a docencia durante vinte anos como mestre de educación infantil e primaria nun centro educativo da cidade da Coruña. Neste tempo compaxinou a ensinanza coa escritura de libros de literatura de moito éxito, con propostas para a aula tan útiles como Cuadernito de escritura creativa, co traballo de guionista en Los felices veinte e coa coordinación e autoría de diferentes proxectos de humor en Internet.

O autor comenta no prólogo que este libro é unha chamada á empatía, un manifesto en favor dunha educación que escoite, que observe e que aprenda, e que se centre no neno no momento actual e non no seu futuro. Ao longo de todo o libro, reclamásenos, como educadores, que escoitemos os cativos, que nos poñamos no seu lugar e lles dediquemos atención personalizada.

Nestas páxinas cuestiónase a falta de tempo libre da rapazada, o papel dos avós na educación dos nenos, o exceso na celebración dalgunhas efemérides, os grupos de WhatsApp de nais e pais, etc. Tamén se refire con argumentos bastante válidos aos arcaísmos do sistema escolar actual exemplificados no controvertido asunto dos deberes, as etiquetas tan prexudiciais que emanan dos boletíns de notas e a concepción aínda presente nalgúns patios de recreo como espazos dedicados case exclusivamente ao fútbol. Creo que o capítulo titulado «Are you listen?», no que se alerta dos perigos do desembarco da moda do bilingüismo nos centros educativos merece unha lectura atenta e analítica.

Este ensaio basea a súa mirada sobre os riscos que supón unha educación centrada no adultocéntrica, na que pensamos no neno como un futuro adulto. Isto implica que intentemos exhibir continuamente os logros dos nosos fillos e que a escola e a familia sexan, en moitas ocasións, unha fábrica de estereotipos na que se etiquetan continuamente e desde moi pronto os cativos.

 

 

Sección: