Skip to Content

Código php para descomprimir un fichero zip subido a Drupal

INSTRUCCIÓNS:

  • Crear contido con formato de entrada php.
  • Subir arquivo zip como ficheiro adxunto. (Fixarse ben no nome do arquivo a subir : maiúsculas e minúsculas, sen espacios, sen acentos e sen caracteres extranos. Neste exemplo "Imaxes_mostra.zip").
  • Desactivar Texto enriquecido.
  • Copiar o código seguinte, substituíndo na terceira liña o nome do arquivo a subir. Observar que na quinta liña escollemos o directorio de descompresión dos arquivos subidos.

<?php
     $zip = new ZipArchive;
     $res = $zip->open('/srv/hosting/home/zonapontevedrad6/drupal/files/Imaxes_mostra.zip');
     if ($res === TRUE) {
         $zip->extractTo('/srv/hosting/home/zonapontevedrad6/drupal/files/images/');
         $zip->close();
         echo 'Operación completada con éxito';
     } else {
         echo 'Producíronse erros ao executar o script';
     }
?>

  • Gardar
  • Finalmente, visitar o contido creado para forzar a descompresión dos arquivos na carpeta elixida. Prestar atencióná mensaxe de éxito/erro na operación.

 

OLLO: Se queremos editar novamente a páxina deberemos volver a copiar o código completo pois non o amosa completamente...

RECOMENDACIÓN: Empregar sempre o mesmo nome de arquivo comprimido para subir as imaxes e dispor dun menú específico para visitar o enlace e activar deste xeito a descompresión dos arquivos.

AdxuntoTamaño
Imaxes_mostra.zip276.6 KB


page | by Dr. Radut