Skip to Content

Creación dunha nova categoría e permisos a roles

¡Aviso importante!

Cando creamos unha nova categoría, cos seus termos correspondentes, resulta que no Taxonomy Access: Permissions asígnanse permisos por defecto no rol de usuario autenticado (authenticated user).

Como todos os roles creados tamén son por defecto usuarios autenticados, ó crear a nova categoría automaticamente todos os roles collen permiso de lectura de creación e de vista por seren tamén usuarios autenticados.

Por isto, se queremos crear unha nova categoría destinada só a uns roles específicos, deberemos en primeiro lugar quitarlle os permisos ó usuario autenticado desde Taxonomy Access, e despois darlle os permisos adecuados ó rol que desexemos.



forum | by Dr. Radut