A aplicación ten dous usuarios roles ou perfís creados: usuario anónimo e usuario autenticado.
O primeiro que debemos facer é crear un rol administrador ao que lle damos todos os permisos.
Tamén entregamos a aplicación con tres roles máis:
Alumnado, Pais e Profe.
Estes roles quedan na páxina de permisos coa posibilidade de crear contidos pero non poden administrar absolutamente nada.
En category_permissións estes tres roles van a ter permisos para ver contidos e para crear so no seus menus.
Tamén teñen permisos de Listar para poder acceder a ver os menús. Se non lles damos permisos de Listar en algún apartado, anque teñan permiso de ver o contido non ven o menú. logo non acceden o contido.
É moi importante verificar o acceso de cada rol aos menús e aos contidos cada vez que creamos un novo témino nun menú.