Embeber vídeos: YouTube

Existen varios portales en Internet que nos ofrecen unha gran variedade de vídeos para poder reproducir directamente (streaming). Pero non solo nos ofrecen a posibilidade de velos visitando a súa páxina, sinón que tamén nos ofrecen un código preparado e listo para insertar nas nosas páxinas e poder así ofrecer nós tamén ditos vídeos.

Desta forma, podemos incluír estes elementos multimedia dun xeito moi doado. Vexamos como facelo.

  • O primeiro será visitar a páxina de YouTube (http://www.youtube.com/) e buscar un vídeo que nos interese.
    Por exemplo, si poñemos "The Drupal Song Music Video" no buscador de YouTube podemos atopar un vídeo que ten 1:02 minutos de duración (do usuario dotTIF)

Buscar vídeo en Youtube

  • Premendo sobre o título do vídeo entramos directamente na páxina onde podemos velo. Na marxe dereita podemos atopar diferente información sobre o vídeo. O que nos interesa para poder metelo nas nosas páxinas é o código que aparece baixo a etiqueta Insertar.

Código Insertar

  • Si prememos sobre o código, automaticamente xa quedará seleccionado todo el. Tan só temos entón que copialo por algún dos métodos típicos: botón dereito > Copiar, premendo no teclado a combinación [Ctrl] + [C].
  • Unha vez copiado este código iremos á nosa páxina e creamos un novo contido, por exemplo, unha Páxina.
  • Cubrimos o Título (obrigatorio, como sempre) e situámonos no Corpo. Aquí buscaremos o botón HTML.
Botón HTML
  • Prememos sobre este botón e aparecerá unha nova xanela. Nesta xanela será onde temos que introducir o código copiado anteriormente. Ollo! nesta nova xanela pode aparecer máis código si na sección de Corpo da páxina que estamos editanto tiñamos máis elementos: texto, imaxes, ...
Código HTML pegado no editor
  • Pegado este código, prememos sobre o botón Actualizar que os devolverá á páxina de edición do contido. Aparentemente non pasou nada no corpo do noso contido, pero o código HTML está aí pegado. Así que, finalmente, prememos sobre o botón Enviar e ...

Vídeo de YouTube publicado no portal

  • ... o vídeo de YouTube aparece no noso contido listo para ser reproducido.


Configuración avanzada

Na páxina de YouTube tamén podemos definir unha configuración avanzada sobre o vídeo de forma que podemos personalizar o tamaño do mesmo ou as cores do borde.

Para acceder a estas opcións de configuración avanzada debemos premer sobre a icona en forma de engranaxe situada a carón do código Insertar.

Acceso á configuración avanzada

Configuración avanzada

Unha vez que teñamos feitas as seleccións desexadas, de cor, tamaño, etc., será o momento de copiar o código para insertar. Deste xeito podemos personalizar en certa medida a presencia nas nosas publicacións.

Vídeo insertado con configuración avanzada

De igual xeito que facemos cos vídeos de YouTube tamén se fai, por exemplo, coas presentacións de Slideshare (http://www.slideshare.net/).

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM