Xuntar ficheiros
Ao igual que facemos cando enviamos un correo electrónico a alguén, nos diferentes tipos de contidos que creemos para a nosa web tamén podemos xuntar ficheiros.
Xa comentamos no punto anterior que é unha boa forma de facerlle chegar certo tipo de información aos visitantes da páxina web sen ter que andar pasando todo o documento (copiar/pegar) sobre todo cando a extensión do documento é importante.
Vexamos como xuntar un ficheiro a un contido.
Creamos un contido e entre o Corpo onde realizamos a edición e os botóns de Gardar eVista previa, podemos atopar un enlace que di: Ficheiros adxuntos.
Ao premer sobre este enlace aparece un campo onde, a través do botón Seleccionar archivo, buscaremos o(s) ficheiro(s) que desexamos xuntar.
Unha vez que teñamos subido un ficheiro, xa podemos Gardar a páxina, ou podemos seguir subindo novos ficheiros.
Como se pode observar na imaxe anterior, ao lado da información do ficheiro que se adxunta hai dúas casillas de verificación:
- Borrar: esta casilla aparece desmarcada. Si a marcamos o ficheiro adxunto eliminaríase no momento de Gardar o contido.
- Lista: esta casilla aparece marcada por defecto. Ao estar marcada vai a listar o ficheiro ou ficheiros adxuntos, aparecendo ao final do contido publicado, como se pode observar na seguinte imaxe.
Outra forma de presentar os ficheiros adxuntos podería ser facendo unha ligazón (hipervínculo) directamente ao ficheiro. Para isto debemos copiar previamente a ruta do ficherio adxunto. Esta ruta (URL) aparece baixo a súa descrición.
Unha vez que xa teñamos a ruta copiada, podemos desmarcar a casilla de Lista para que deste modo o ficheiro xa non apareza ao pé do contido. Despois insertaremos un hipervínculo que apunte á URL copiada no lugar da páxina que desexemos: texto, imaxe...