Skip to Content

Artículos

Permisos desbaratados

Os centros podemos publicar en calquera categoría de webs dinámicas!

Este descontrol de permisos tamén se está producindo nos Drupal dos centros. Que pasou?

Nós temos apartados que eran ocultos para os usuarios anónimos á vista de todo o mundo!

Os límites de subida de imaxes para cada rol feitos no IMC settings tampouco se respectan...

Supoño que será algo xeral do multisite que afectará a toda Galicia.

Xa contaredes

Un saúdo

Bloques que desapareceron

Ola! son a administradora da web e dende onte algúns bloques da columna da dereita desapareceron, só se poden ver se accedemos como usuarios rexistrados cando antes non había problema, ninguñen cambiou os permisos, xa que só eu teño acceso, e facendo unha proba a marcar que os vexan os usuarios non identificados tampouco se ven, que pasou? como o resolvo?

 

Grazas

Xestionando unha wiki iniciada

Supoñamos que xa fixemos unha wiki iniciada por un arquivo externo (textowiki.txt).

Cando o alumnado entra no moodle, na wiki correspondente, abre a wiki e edítaa completando o texto nunha ou en varias sesións, mentras o titor/a do curso non a peche.

Agora, o profesor pode intervir, calificar ou completar a wiki.

Imaxinemos que a quere calificar para logo pechala a solo lectura.
O profe ten que entrar na wiki correspondente ao alumno/a, escollendo a que sexa, na imaxe a do alumno "ron"

Logo o profesor/a coméntaa ou califícaa como corresponda

Finalmente, se xa non queremos que o alumnado siga editando a wiki, pero si que a poida ler, darémoslle as propiedades de so lectura (RO), no apartado administración:

Teremos que establecer os indicadores de páxina. No noso caso, asignar o de só lectura para o arquivo correspondente.

Deste xeito, cando o alumno "ron" volva a entrar na wiki aparecerálle a wiki editada polo profesor coa cualificación ou comentarios corespòndentes pero el xa non poderá modificala.

Proba de Formulario

Esto é simplemente un formulario de proba

15021780 - CEIP BRAGADE - i000

Desexan engadir novos temas para a aplicación web Drupal que están aloxados na páxina oficial.

martes, 27 de marzo de 2007 14:53:46 UAC0502

Fálase con Jose Luís Barreiro e indica que primeiro ten que indicar cales son os temas que desexan engadir para realizar unha valoración.

Se a valoración é positiva instalaríanse dende a consellería os novos temas para todos os centros educativos.

O comunicante da incidencia queda pendente de enviar por correo electrónico os nomes dos novos temas xuntos ca dirección onde se atopan.

miércoles, 28 de marzo de 2007 8:19:29 UAC0544

O comunicante notifica por correo:

"Estimados Sres.:

Como complemento á incidencia nº 84.420 referida á páxina web do Centro. Debemos dicir que os temas Drupal  que nos poden interesar debido a:

1.- Que a cor corporativa que se utiliza no Centro é a verde.

2.- Que as versións actuais de Drupal solapan contidos.

son:

* andreas01-5: versión actual en celestes e grises, 3 columnas, foto apaisada (a versión actual no servidor da Xunta solapan contidos)

* nokoala-4.7: tonos de verde, 1 sola columna e menú desplegable horizontal

* greenmarine-4.6: tonos de verde, 2 columnas

* green-4.7: tonos de verde

*myDrupal-Impact-4.7: tonos de verde, 3 columnas

* thirteen-5: tonos de verde, 2 columnas.

     Asimesmo, desexamos consultar se "eventos" pode ser substituído por "axenda" no menú de Drupal.

Manuel Lamas Santos, Director do Centro".



by Dr. Radut