PATRÓN/OA COSTEIRO/A POLIVALENTE

 

PATRÓN/OA COSTEIRO/A POLIVALENTE

-SECCIÓN PONTE-

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2116

PATRÓN/OA COSTEIRO/A POLIVALENTE

-SECCIÓN MÁQUINAS-

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2112

DESCRICIÓN

O patrón/patroa costeiro/a polivalente, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación, e exer­ce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro.

Xestionar e executar a administración do buque; controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados, e exercer a xefatura de máquinas.

Todo isto en condicións de seguranza e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.

DURACIÓN 600 Horas (Sección Ponte:350 horas. Sección Máquinas:250 horas)

REQUISITOS

para realizar o curso

-Ter cumpridos 18 anos.

-Ter a Tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.

-Ter certificado de estudos primarios ou equivalente, ou ter a tarxeta profesional de Patrón/Patroa Local de Pesca.

REQUISITOS

para exercer de patrón/oa

a) Cumprir 18 anos.

b) Dispoñer dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Condutores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir. O anterior impreso non será necesario se o interesado dispón do certificado médico contemplado no artigo 13 do presente real decreto.

c) Superar un exame, ou exames, que inclúa, polo menos, as materias establecidas no anexo I deste real decreto, no que se recollen os coñecementos mínimos requiridos na regra II/3 do anexo ao Convenio.

d) Prestar servizo na sección ponte de buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros, durante un período de embarque de polo menos dous anos; con todo, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente poderá permitir:

   – A substitución deste período de embarque por outro de formación especial de duración non superior a un ano, a condición de que o programa de formación especial sexa, como mínimo, dun valor equivalente ao do período de embarque esixido ao que substitúe.

   – A substitución do período de embarque en buques pesqueiros por outro que conste nun rexistro aprobado de acordo co Convenio de Formación, 1978. Para o cómputo do período de embarque de dous anos previsto neste apartado, aceptaranse ata dezaoito meses de días de embarco realizados con anterioridade á realización do exame previsto no apartado c) do punto 1 deste artigo, o resto do embarque debe ser realizado, en todo caso, con posterioridade á superación do citado exame.

e) Realizar un período de embarque de 6 meses no servizo de máquinas dun buque civil.

TEMARIO

MÓDULOS FORMATIVOS PATRÓN/OA COSTEIRO POLIVALENTE

SECCIÓN PONTE:

1º-Navegación e comunicacións.

2º-Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes.

3º-Pesca responsable.

4º-Metereoloxía e oceanografía.

5º-Seguranza marítima e preservación do medio mariño.

6º-A seguranza e lexislación marítima laboral.

7º-Nocións de inglés técnico.

SECCIÓN MÁQUINAS:

1º-Propulsión do buque.

2º-Electricidade.

3º-Servizos do buque.

4º-Tecnoloxía mecánica.

ATRIBUCIÓNS

 Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, coa fin de modernizar os seus requisitos e efectos. Modificado polo Real Decreto 449/2020, de 10 de marzo.

-Exercer como capitán/a ou patrón/oa de buques de ata 32 metros de eslora nas augas limitadas. Hai que ter cumprido un período de embarque non inferior a 12 meses como oficial de ponte ou patrón/oa en buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros.

-Exercer como capitán/a ou patrón/oa e xefe/a de máquinas en buques de ata 26 metros de eslora e 550 kilovatios de potencia efectiva da máquina ata unha distancia de 60 millas da costa española. Para poder exercer a función de capitán prevista no presente apartado, a persoa interesada debe ter cumprido un período de embarque non inferior a 12 meses como oficial encargado da garda de navegación ou patrón/oa en buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros. A base para o cálculo da distancia serán as liñas de base rectas. Onde estas liñas non estén definidas, a distancia se medirá desde a liña de costa marcada pola baixamar escorada. 

-Exercer como primer oficial ou oficial de ponte en calquer buque pesqueiro nas augas limitadas.

-Exercer como xefe/a de máquinas en buques de pesca de potencia inferior a 750 kilovatios.

-Exercer como primer oficial de máquinas en buques de pesca de potencia inferior a 750 kilovatios e como oficial de máquinas en calquer buque de pesca.

-Exercer como primer oficial de ponte en buques no que o mando corresponda a un Patrón de Litoral. Hai que ter superado o curso que establecerá o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación para conseguir que os patróns/oas costeiros/as polivalentes alcancen os coñecementos requiridos na regla II/2 do Convenio STCWF/1995.

NOVAS ATRIBUCIÓNS

(Necesario curso de formación de 80 horas en centros autorizados)

Artículo 1. Obxeto.

Esta orde ten por obxeto o desenvolvemento normativo do artículo 8.2.f) do Real Decreto 36/2014, de 24 de enero, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.

Artículo 2. Ámbito de aplicación.

A presente orde aplicarase aos poseedores do título de Patrón Costeiro Polivalente que desexen ampliar suas atribucións como primero oficial de ponte.

Artículo 3. Alcance da ampliación de atribucións.

De conformidade co artígo 8.2.f) do Real Decreto 36/2014, de 24 de enero, os patróns costeiros polivalentes que cumplan os requisitos establecidos nos artígos 4 e 5 poderán exercer como primeiro oficial de ponte nos buques españoles de eslora L non superior a 42 metros dentro da zona comprendida entre os paralelos 55° N e 5° N e os meridianos 35° O y 30° E.

PINCHA AQUÍ PARA VER TODA A INFORMACIÓN COMPLETA.

MÁIS INFORMACIÓN  
DATAS DE CURSOS  Pincha AQUÍ para saber as datas do curso de Patrón/a Costeiro/oa Polivalente.