PATRÓN/OA PORTUARIO/A

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO  

MAPN13EXP

DURACIÓN 150 Horas.
REQUISITOS É necesario ter o certificado de Formación Básica en Seguridade.

OBXECTIVOS DO CURSO

Seción A-II/3 e Seción A-VIII/2, parte 4-1 do código de formación STCW, corrixido pola Conferencia de Manila 2010 e incorporado pola Directiva 2012/35/VE 

Que o alumnado alcance o nivel de aptitude que lle permita asumir o mando dunha embarcación de acordo coas súas atribucións, tanto no goberno, xestión, control de máquinas e servizos.
TEMARIO

1º-Planificar unha travesía.

2º-Navegación por estima.

3º-Determinar a situación mediante liñas costeiras.

4º-Determinar a situación e derrotas mediante sistemas de axudas náuticas electrónicas.

5º-Interpretación das condicións meteorolóxicas a través de mapas e instrumentos de a bordo.

6º-Reglamento internacional para prever os abordaxes na mar.

7º-Interpretación das cartas e publicacións náuticas.

8º-Protección e seguridade do pasaxe en situacións de emerxencia.

9º-Utilización do Vocabulario Normalizado de Navegación Marítimo en idioma inglés.

10º-Mantemento da estanqueidade e a estabilidade do buque.

11º-Medidas a tomar en caso de emerxencias.

12º-Principios de maniobra e goberno do buque.

13º-Prevención da contaminación do medio mariño.

14º-Responsabilidades legales do patrón do buque.

15º-Funcionamento das máquinas principais e auxiliares en buques pequenos.

16º-Mantemento de motores.

OBXECTIVOS E ATRIBUCIÓNS DA TARXETA PROFESIONAL DE PATRÓN/OA PORTUARIO/A

 

REAL DECRETO 269/2022, de 12 de abril, por el que se regulan los títulos profesionales y de competencia de la Marina Mercante.

CAPÍTULO VII, Sección 1ª Títulos nacionales, Artículo 91. 

a) 

Patrón en buques civís de arqueo bruto inferior a 100 GT que realicen navegacións, por augas marítimas españolas, en ou desde un porto, embarcadoiro, praia ou baía, sen que se afasten en ningún momento máis de 3 millas náuticas dese porto, embarcadoiro, praia ou baía de onde saíu e que, no seu caso, transporten un máximo de 150 pasaxeiros. Poderá exercer simultaneamente o mando do buque e do departamento de máquinas se o buque ten unha potencia igual ou inferior a 375 kW nun só motor ou o dobre se leva dous ou máis motores e dispón dun certificado de instalacións de máquinas sen dotación permanente. Estas atribucións non implican que se poida exercer o mando do departamento de máquinas independentemente do mando do buque.

b) 

As atribucións mencionadas no artigo 10 (normas comúns sobre atribucións dos títulos profesionais).

Estas atribucións poderán ser igualmente desempeñadas por quen ostente calquera das tarxetas profesionais de Capitán, Piloto de primeira clase, Piloto de segunda clase, Patrón de altura e Patrón de litoral, todos da Mariña Mercante, sen necesidade de ostentar a tarxeta profesional de Patrón Portuario. 

Requisitos para a obrención da tarxeta profesional de PATRÓN/OA PORTUARIO/A

a) 

Acreditar algunha das formacións seguintes:

1.ª Superar o curso de Patrón Portuario.

2.ª Estar en posesión dun título académico de formación profesional de grao medio ou grao superior.

3.ª Superar un curso de especialización de formación profesional.

4.ª Estar en posesión dos certificados de profesionalidade correspondentes.

b) 

Cumprir 20 anos de idade, ou 19 en caso de estar en posesión dun título ou un curso de especialización de formación profesional dos indicados no parágrafo anterior.

c)  

Realizar un período de embarco de 12 meses como mariñeiro en calquera buque civil, 6 deles no departamento de ponte e cuberta e os outros 6 no de máquinas. Tamén se aceptarán os períodos de embarco nos que se compaxinaron as funcións nos departamentos de ponte e cuberta e de máquinas, sempre que se trate de buques con certificado de instalacións de máquinas sen dotación permanente. Os períodos de embarco axustaranse aos requisitos de capítulo III, sección 2.ª, fóra dos artigos 37.2 e 40.

d) 

Superar, con posterioridade ao período de embarco, o exame de aptitude profesional determinado polo Director Xeral da Mariña Mercante.

e) 

Estar en posesión da tarxeta profesional de Operador Restrinxido do SMSSM e dos certificados de suficiencia de formación básica en seguridade e de formación sanitaria específica inicial.

f)   

Ter en vigor o certificado médico de aptitude física). 

PASOS A SEGUIR DESPOIS DE OBTER O CERTIFICADO

ENLACE Á WEB DO MINISTERIO DE FOMENTO. PINCHA NA TITULACIÓN CORRESPONDENTE.

TAXAS

DATAS DE CURSOS PINCHA AQUÍ PARA SABER DATAS DE CURSOS