MARIÑEIRO/A DE PONTE

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

MAPN03

DURACIÓN 70 Horas.
REQUISITOS DNI, NIE ou Pasaporte.
DESCRICIÓN

Proporciona o título profesional requirido aos mariñeiros de buques mercantes. Ademais, se realizaran un período de embarco profesional non inferior a seis meses poderán ser habilitados pola Dirección General de la Marina Mercante para manexar embarcacións con fines comerciais de menos de 6 m de eslora (sen pasaxeiros) dentro de augas interiores de portos e potencia adecuada á embarcación.

O Título profesional de MARIÑEIRO/A DE PONTE da Mariña Mercante é requirido aos mariñeiros dos buques mercantes de arqueo bruto superior a 500 GT, que formen parte da garda de navegación como vixía ou timonel (Sección A-II/4 do Código de Formación (STCW-78/95).

 

TEMARIO

1-Gobernar o buque e cumprir as ordes do timonel en inglés.

2-Mantemento de un servizo de vixía adecuado utilizando a vista e o oído.

3-Contribuir á vixiancia e o control dunha garda segura.

4-Utilizar o equipo de emerxencia e aplicar os procedementos de emerxencia.

ATRIBUCIÓNS

Capítulo II, Regla II/4 do Convenio STCW, e seccións A-II/4, cadro A-II/4 e seción B-II/4 do Código de Formación (STCW-78/95), así como a seción A-VIII/2 parte 4-1.

 

Resolución de la DGMM de 18 de junio de 2013. Resolución de 14 de noviembre de 2016, de la Dirección General de la Marina Mercante, por la que se determinan las condiciones de obtención de los certificados de suficiencia de los marineros de la Marina Mercante (BOE número 2910del 2/12/2016).

 

En función dos períodos de embarque:

  • Dous meses de embarco en buques civís realizando servizos profesionais relacionados coa garda de navegación. Atribucións: Mariñeiro/a de buques mercantes de arqueo bruto superior a 500 GT que formen parte da garda de navegación.

 

  • Seis meses de embarco: as Capitanías Marítimas habilitarán ás persoas interesadas para o manexo de embarcacións profesionais de menos de 6 metros de eslora, sempre que non transporten máis de doce pasaxeiros e naveguen exclusivamente dentro de augas interiores de porto.
PASOS A SEGUIR DESPOIS DE OBTER O CERTIFICADO

ENLACE Á WEB DO MINISTERIO DE FOMENTO. PINCHA NA TITULACIÓN CORRESPONDENTE.

TAXAS

DATAS DE CURSOS PINCHA AQUÍ PARA SABER DATAS DE CURSOS