A ESCOLA

A Escola de F.P. Marítimo-Pesqueira de Bueu é un centro público de formación ocupacional dependente da Consellería en materia de Emprego da Xunta de Galicia que dirixe as súas accións formativas prioritariamente a desempregados de ámbito autonómico.

A principal característica deste centro é a capacitación do oficio de marinería ou competencia mariñeira. O alumnado obtén nesta escola a formación e titulación, instrumentos imprescindibles para acceder aos postos de traballo do sector da pesca, transporte de mercadorías e pasaxeiros.

A escola presta un servizo aberto ás necesidades da comunidade autónoma que ten por obxecto a formación ocupacional para desenvolverse nun posto de traballo do sector marítimo-pesqueiro naqueles empregos que require o sistema produtivo no sector do mar.

As titulacións impartidas en cada momento variarán en funcións das necesidades do mercado laboral do sector, dos requirimentos e esixencias da lexislación marítima internacional e das peticións identificadas nas diferentes compañías navieras, armadores e axencias de colocación.

A escola conta coa certificación de calidade da norma UNE-EN-ISO 9001:2015.